|
Podes atopalo en:
Sextinario: trinta e seis + seis
Marica Campo
Editorial:
Sotelo Blanco
Ano:
2007
Sextinario: trinta e seis + tres é un libro no que se debuxan, como nos indica o seu título, trinta e seis máis tres sextinas, un modelo de composición poética pouco usual. No ano 1977, o xenial artista catalán Joan Brossa, publicou o seu Sextines 76. A sextina foi inventada polo poeta medieval Arnaut Daniel. Outros autores que experimentaron con esta forma de composición poética son, segundo nos conta Carlos Paulo Martínez Pereiro, prologuista desta obra de Marica, o renacentista Bernardim Ribeiro, ademais de Camões e Diego Bernardes.
A sextina está formada por seis sextetos (ou sextillas) e un terceto final, de versos decasílabos, que por veces son heptasílabos, con rimas repetidas en todas as estrofas dunha maneira continua e sistematizada. As rimas (ou palabras) que aparecen no primeiro sexteto, na secuencia de versos 1, 2, 3, 4, 5, 6, repítense na seguinte estrofa na secuencia 6, 1, 5, 2, 4, 3. Nas estrofas seguintes fano de idéntica forma, tomando como modelo sempre a estrofa anterior. O terceto final retoma, habitualmente no inicio e na fin de cada verso, as seis rimas (ou palabras) de dous en dous, na mesma orde que na primeira estrofa.
Obradoiros propostos
Non hai obradoiros propostos
Obradoiros en curso
Obradoiros pechados
Non hai obradoiros pechados
Biografía
Marica Campo
(Val do Mao (O Incio), provincia de Lugo)
Nacida en Val do Mao, no concello de O Incio, Lugo, 24 de febreiro de 1948. Con quince anos decide entrar nun convento de monxas para convertirse en misioneira. Durante os cinco anos que permenceu no convento, finalizou a carreira de Maxisterio e Estudios en Tecnoloxía. Exerceu de maestra en diferentes pobos da provincia de Lugo, e en Canarias. Xubilouse no ano 2008 en Guitiriz, onde reside na actualidade. Lectora voraz desde a infancia e escritora precoz, durante anos só publicará unha obra teatral, algúns poemas en revistas, ademáis das letras para o grupo Fuxan os Ventos. Até o ano 1992, que publica o seu primeiro libro, unha compilación de poemas, Tras as portas do rostro. Ela foi nomeada Chairega de Honra da Asociación Cultural Xermolos e a Fundación Manuel María da Terra Chá, en novembro de 2007.
Bibliografía
O Premexentes non pode cos paxaros rebezos (1987). Pieza teatral que es la alegoría de una dictadura.
Tras as portas do rostro (1992). Antología poética con textos de diversas épocas.
Confusión e morte de María Balteira (1996). Conjunto de relatos que recrean el mundo mágico de las leyendas gallegas, resaltando el universo femenino.
Pedinche a luz prestada (2001). Libro de 33 poemas que mereció el I Premio Fiz Vergara Vilariño.
Memoria para Xoana (2002). Novela corta o relato largo en que una violista habla con la hija que aún no nació para contarle el pasado familiar y contarle el futuro que sueña para ella.
Confusión de María Balteira (2006). Texto teatral basado en dos de los relatos de Confusión e morte de María Balteira.
Abracadabras (2007). Libro de poesía para niños.
Sextinario: Treinta e seis + tres (2007). Conjunto de treinta y nueve sextinas. Es una novedad en la literatura gallega.
O Divino Sainete (2008). Adaptación teatral de la obra homónima de Manuel Curros Enríquez.
Obtenido de \\\"http://es.wikipedia.org/wiki/Marica_Campo\\\"
Outros libros no Club
|
|||