É xa usuario do club?
 
MÁIS INFORMACIÓN
Podes atopalo en:
Consello da cultura
 (10 exemplares)
Queres pedir un exemplar?
Solicitar >
SOLICITUDE DE PRÉSTAMO DE LIBRO
Escolla a biblioteca onde prefire solicitar o libro


Po de estrelas. Novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro
Xurxo Mariño
Editorial:  Consello da Cultura Galega
Ano:  2007

A maioría dos átomos do teu corpo cráronse no corazón das supernovas, as explosións coas que rematan a súa vida moitas estrelas. De ahí vimos todos: somos, literalmente, po de estrelas. Comprender o mundo que nos rodea é un excelente elixir mental contra a credulidade e o fanatismo. A ciencia moderna é, ademais, unha ferramenta sólida, útil, gratificante e divertida: achéganos ideas e teorías sorpredentes sobre a natureza dos Cosmos que orixinou a vida no planeta Terra. Este libro é unha invitación para gozar deste espectáculo cotián da man de Xurxo Mariño, coas ilustracións humorísiticas de Santy Gutiérrez e as infografías de Manuela Mariño.

Descargao en: www.udc.es/dep/medicina/neurocom/prensa/po_de_estrelas.pdf

Obradoiros propostos
Non hai obradoiros propostos
Obradoiros en curso
Po de estrelas. Novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro.
Obradoiros pechados
Non hai obradoiros pechados
O/A AUTOR/A
Biografía
Xurxo Mariño  (Lugo, 1969)
Xurxo Mariño Alfonso é biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998) e ten un Máster en Neurociencia pola Universidad Internacional de Andalucía. É profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña e imparte materias en centros universitarios da Coruña, Ferrol e Santiago. Membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega e do grupo de investigación Neurocom da UDC, así como de varias sociedades científicas españolas e internacionais ten publicado traballos de investigación en prestixiosas revistas especializadas e mantén unha colaboración co Massachusetts Institute of Technology (MIT). Coordina o boletín da Sociedad Española de Neurociencia e é asesor científico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Servizo de Formación do Profesorado.
Bibliografía
Preocupado fondamente pola divulgación da ciencia ven colaborando co portal Culturagalega.org desde o 2002 a través dos artigos publicados na sección Os dados do reloxeiro que posteriormente publicáronse nos volumes “Os dados do reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas” (Consello da Cultura Galega, 2005) e “Po de estrelas” (Consello da Cultura Galega, 2008). Organiza por toda Galicia desde 2006 os “Caféteatro- científicos”, unha amena actividade divulgativa que leva a ciencia ata os bares.
Outros libros no Club
2023 Fundación CEER. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal >