|
Podes atopalo en:
Oficina CEER Santiago
(3 exemplares)
Profundidade de Campo
Yolanda Castaño
Editorial:
Espiral Maior Poesía
Ano:
2007
Obradoiros propostos
Non hai obradoiros propostos
Obradoiros en curso
Obradoiros pechados
Non hai obradoiros pechados
Biografía
Yolanda Castaño
(Santiago de Compostela, 1977)
Unha das voces máis representativa da poesía galega do noso tempo, é licenciada en Filoloxía Hispánica pola UDC. Guionista, directora e presentadora do programa, Mercuria, (TVE-Galicia) sobre as vangardas artísticas galegas, na actualidade é presentadora dun concurso de contido cultural que se emite na TVG e compaxina este labor coa dirección da Galería Sargadelos da Coruña. Fundadora da revista Valdeleite e da editora Letras de Cal, desenvolve tamén un importante traballo como articulista no xornal Galicia Hoxe e a través da Axencia Galega de Noticias. Como poeta, traducida, entre outros idiomas ao francés, alemán, polaco e árabe, está en posesión dos premios Fermín Bouza Brey (1994), Johán Carballeira do Concello de Bueu (1997) e Premio da Crítica Española (1998).
Bibliografía
No ano 2000 publica en castelán Vivimos en el cielo de las Erofanías (Huerga y Fierro) e no ano 2006 ve a luz o Libro de la egoísta (Visor).
Obra poética:
Elevar as pálpebras (Espiral Maior, 1995)
Delicia (Espiral Maior, 1998)
Vivimos no ciclo das Erofanías (Espiral Maior, 1998)
Edénica (antoloxía persoal+CD) (Espiral Maior, 2000)
O libro da egoísta (Galaxia, 2003)
Profundidade de Campo (Espiral Maior, 2007)
Outros libros no Club
|
|||