É xa usuario do club?
 
A vida é cruel
Pepe Gómez
Publicado:
25/06/09
Esta é a historia real dunha vida coma moitas que hai en todo o mundo.
Son unha moza normal, con ganas de vivir e con toda a ilusión de ser feliz, pero Deus non o quixo.
Crieime en Zaragoza, fixen uns estudios normais, fun guapa e, máis que nada, lúcida. A simpatía saíame polos cos, tiña algo que gustaba moito.
Un mozo de Venezuela veu a Zaragoza para ir á universidade. El era de moi boa familia. Coñecémonos, namorámonos e eu era a muller máis feliz do mundo.
Pasou o tempo, meu mozo acabou os estudios e regresou a Venezuela. Escribímonos, chamámonos por teléfono e decidimos casarnos por poder. Todo resultou unha maravilla.
Reclamáronme para ir a Venezuela e eu parecía flotar nas nubes.
Cando desembarquei, parecíame un soño porque meu marido era moi guapo, rico e o tiña todo, pero aquí comezou todo.
Na noite de vodas leveime unha desilusión. Eu, coma todas as mulleres, queremos cariño e mimos, pero notei algo raro. Pensei que sería algo normal, pero a medida que pasaban os días, meu corazón temíao todo.
El era homosexual. Levaba os seus amigos para a habitación.
Eu, ó verme nun pais estranxeiro, desilusionada e enferma de pena, quería morrer. Tiven que dicirllo ós meus pais e tiveron o maior desgusto da sua vida.
Pasaron os meses e eu non sabía que facer. Pedín a separación, tiven que poñerme a traballar, traballei en todo o malo que había, paseino fatal. Sabido esto, hoxe por hoxe e coa experiencia da vida, arrepíntome de facer iso, viviría unha vida normal con outros homes e eu sería a señora da casa con chofer e criados. Tiven que pasar por moitos traballos, coñecín a un portugués e vivimos uns anos xuntos, pero foi un fracaso.
Se algún día alguén lee a miña historia, aconséllolle que saboree todos os momentos bos da vida, porque os malos chegan enseguida.
Obradoiros propostos
Non hai obradoiros propostos
Obradoiros en curso
Non hai obradoiros en curso
Obradoiros pechados
Non hai obradoiros pechados
O/A AUTOR/A
Outros relatos no Club
2017 Fundación CEER. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal >