Consulta los profesionales que forman nuestros grupos de investigación
Buscar investigadores o palabras clave
En el departamento...
Áreas temáticas
Investigadores que forman parte de este grupo
Mariana de Matos Moreira
Departamento: Produción Vexetal (USC)
G.I: 0
Telefono: +34 982241835-22340
Correo electronico: marianam@lugo.usc.es
Descripcion:

Son licenciada en Enxeñeria de Ciencias Agrarias pola Facultade de Ciencias da Universidade de Porto. Neste momento, estou matriculada no 2º ano da Etapa de Formación do Terceiro Ciclo na Escola Politécnica Superior en Lugo e preparo o Traballo de Investigación Tutelado para presentar ó final deste curso, dirixido polo profesor Emilio Carral Vilariño do departamento de Ecoloxía.

A finalidade do traballo que está a ser desenvolto é comparar a fertilización convencional (basada en adobos minerais e purín) con fertilizacións alternativas e máis sostibles (basadas na aplicación de lodos de depuradora de industria láctea e esterco de poio desidratado e granulado) mediante indicadores ecolóxicos. Estabeleceranse dous obxetivos principais. O primeiro obxectivo consiste na aplicación de índices de calidade ambiental en solos cultivados con asociacións de raigrás inglés e trébol blanco sometidos a catro tipos de fertilización (convencional con adobos minerais e convenciomal con purín) frente a fertilización orgánica con lodos de depuradora de industrias lácteas e esterco de poio desidratado e granulado) e un solo control (ausencia de actividade agrícola: matos e bosques). Os índices serán de tipo físico-químico e biolóxico e tamén serán relacionados coa producción de forraxe. Caracterizarase a composición botánica, densidade e altura da forraxe. Por un lado, será feita a caracterización das propriedades físico-químicas do solo para definir a calidade do mesmo para a produción do cultivo e para avaliar o impacto da fertilización no medio, e por outro, analizar as alteracións producidas na diversidade biolóxica como consecuencia dos distintos tipo de fertilizacións mediante o estudio de comunidades de invertebrados (fundamentalmente artrópodos e miñocas). Ademais disto, estudiarase como posible indicador biolóxico a concentración de fósforo corporal en insectos como indicador da biodispoñibilidade do mesmo no sistema. Todo isto será relacionado cos índices de calidade propostos. O segundo obxetivo é a selección e avaliación dos índices de calidade ambiental máis adecuados segundo os efectos producidos nos tratamentos de fertilización comparados e en referencia ás zonas control (ausencia de actividade agrícola). Este obxetivo consiste en determinar a importancia dos índices empregados para a súa aplicación nas condicións do solo, clima, técnicas de cultivo, especies cultivadas e características da paisaxe da zona de estudio.

Dadas as semellanzas nos sectores agrícolas galego e do norte de Portugal , tería interese, para efectos de Tesis de Doutorado, desenvolver o mesmo tipo de traballo no Norte de Portugal, comparar os resultados obtidos nas dúas regións e chegar a unha conclusión conxunta que poida ser aplicada ó nivel de Eurorrexión. No caso de ser posible a concretización deste proxecto, contarasé tamém coa colaboración do profesor Mário Cunha da Facultade de Ciencias da Universidade de Porto. Esta proposta foi tamém presentada á Fundación para a Ciencia e Tecnoloxia de Portugal, a cal concedeu unha beca de doutorado para o ano 2005.

Tamén estou dispoñible para colaborar en calquer traballo relacionado co sector agrícola desta Eurorrexión.