Consulta los profesionales que forman nuestros grupos de investigación
Buscar investigadores o palabras clave
En el departamento...
Áreas temáticas
Investigadores que forman parte de este grupo
Constantino Arce Fernández
Departamento: Psicoloxía Social, Basica e Metodoloxía (USC)
G.I: 1456
Telefono: 981 563 100ext44068
Correo electronico: constantino.arce@usc.es
Descripcion:

A Unidade de Psicoloxía Deportiva e de Apoio á Investigación do grupo de investigación Psicoloxía Social, Cognitiva e Psicometría, ten como obxectivo prioritario de investigación a elaboración de instrumentos de medida para a súa utilización no eido da psicoloxía do deporte, que poden ter notables aplicacións tanto a nivel de investigación como profesional, donde ata o de agora en Galicia e España se dispón de moi poucas ferramentas de avaliación adaptadas ao noso contexto social e deportivo. En concreto, se están a desenvolver versións españolas de escalas e cuestionarios para a medida de:

1. Os estados de ánimo nos deportistas
2. As fontes de confianza dos deportistas
3. O síndrome de burnout no deporte
4. A ansiedade pre-competitiva
5. O liderazgo de equipo
6. A cohesión de grupo

Desde a Unidade tamén se está a colaborar coa Dirección Xeral para o Deporte, da Xunta de Galicia, en dous proxectos relacionados coa medida dos hábitos deportivos da poboación galega e coa identificación da situación na que se encontran os deportes tradicionais en Galicia no momento actual.

O equipo de investigación está consituido por 5 investigadores/as a tempo completo (1 catedrático, 1 titular, 2 contratados, e 1 bolseira María Barbeito). Ademais, contan coa dedicación parcial de 2 alumnas de segunda etapa de doutoramento e 1 bolseira de FP-2 de apoio.