Telefono: 981563100 ext. 12002
Descripcion:
Liñas de investigación:
* Literatura infanto-xuvenil: análise literaria e crítica de textos.
* Literatura comparada.
* Análise literaria e artística
* Análise de paratextos
* Crítica de textos
* Historia da literatura galega
* Metodoloxía das lecturas
* Socioloxía da Literatura e da Arte
* Estudio da cultura a partir das manifestacións visuais
* Narrativas baseadas en imaxes, videos, sons...
* Tradución
Servizos e recursos:
* Antoloxías Bibliografías Dicionarios Guías de lectura Informes de literatura e de procesos artísticos Materiais educativos sobre lectura textual e visual Roteiros literarios e de arte Información e documentación
* Ademais algúns membros deste Grupo (LITER21) forman parte da Rede Temática LIJMI (Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico) (ver a web http://www.usc.es/lijmi/), unha Rede que acolle un grupo de investigación interdisciplinar formado por docentes de varias universidades de España, Portugal e, dende o ano 2007, Iberoamérica. Este grupo de traballo, que ten como coordinadora e investigadora principal Blanca-Ana Roig Rechou, estudia a produción, recepción e mediación das lecturas textuais e visuais destinadas á infancia e xuventude, aínda que non exclusivamente. Polo ámbito galego forman LIJMI: Blanca-Ana Roig, Mª Jesús Agra, Carmen Franco, Eulalia Agrelo, José Mª Mesías, Isabel Mociño e Marta Neira. Polo ámbito protugués: José Antonio Gomes (Porto), Ana Margarida Ramos (Aveiro), Sara Reis (Minho), Fernando Fraga (Minho) e Claudia Sousa (Évora).
Os membros dos ámbitos galego e portugués realizan anualmente as seguintes actividades conxuntas:
1.1. Reunións Científicas. Unha reunión científica anual durante o mes de setembro no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades na que se prepara o Curso de Formación Contínua e Perfeccionamento que anualmente sobre a Literatura Infantil e Xuvenil se celebra na USC (http://www.usc.es/cptf/Formacion/CursosFormacion).
1.2. Encontros Luso-Galaico-Franceses. Encontros que anualmente (mes de novembro) se celebran na Biblioteca Almeida Garrett, en Porto, co apoio de LIJMI, APPLIJ (Associação Portuguesa para a Promoção do Livro Infantil e Juvenil), de GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infanti e Xuvenil), da Câmara Municipal do Porto-Biblioteca Almeida Garrett e do Consulado Geral da França en Portugal. Nestes Encontros danse a coñecer os traballos do Grupo LITER21 e da Red LIJMI, cuxos membros participan con comunicacións, ponencias e ateliers.
1.3. Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil (ELOS). No ano 2007 creouse ELOS, asociación presidida por Blanca-Ana Roig (Galicia), cuxo vicepresidente é José António Gomes (Portugal) e á que pertencen diferentes membros do Grupo LITER21, así como outros investigadores do ámbito portugués, de Universidade e Centros de Investigación de Braga, Coimbra, Matosinhos, Porto, Évora, etc.
1.4. Participación en Congresos das Universidades portuguesas. Os membros galegos do grupo de investigación LITER21, LIJMI e ELOS participaron, entre outros e ademais dos Encontros xa sinalados, nos seguintes congresos, xornadas, etc. celebrados en Portugal: Jornadas internacionais do LIBEC (Universidade do Minho); II Congreso Internacional de Literatura infantil “Mitologia, tradição e innovação” (Universidade de Tras-os-Montes, maio 2005); II Congresso Internacional “Criança, Língua, Imaginário e Texto Literário. Centro e margens na literatura para crianças e jovens” (Instituto de Estudos da Criança, Universidade do Minho, febreiro 2006); CAL: Conferencias Alentejo Literatura, “Literatura para a infância: leituras no Sul” (Universidade de Évora, CIDEHUS, abril 2006); 1º Congresso Internacional em Estudos da Criança “Infâncias possíveis, mundos reais” (Braga, febreiro 2008).
1.5. Publicacións conxuntas cos membros de LIJMI do ámbito Portugués. Con investigadores portugueses o Grupo LITER21 ten participado nas seguintes publicacións: Para entenderte mellor. As literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico (coord. Roig e LLuch, 2005); Hans Christian Andersen, Jules Verne e El Quijote na literatura infantil e xuvenil do marco ibérico (coord. Roig, 2005); Multiculturalismo e identidades permeábeis na literatura infantil e xuvenil (coord. Roig, Lucas e Soto, 2006); Teatro infantil do texto á representación (coord. Roig, Lucas e Soto, 2007); 12ºs Encontros Luso-Galaico-Franceses do Livro Infantil e Juvenil. Grandes autores para pequenos leitores (eds. Roig, Gomes e Ramos, 2007); Grandes Autores para Pequenos Leitores. Literatura para a infância e a juventude: Elementos para a construção de um cânone (coords. Roig e Gómes, 2007); Docencia, Investigación y Crítica de LIJ en el Marco Ibérico. Informe 2004-2007 (coord. Roig, 2008); Do Livro à Cena (coords. Mociño, Neira, Ramos e Reis, 2008); Teatro para a Infância e Juventude. Aproximações à literatura dramática (coords. Roig e Gómes, 2008); A guerra civil española na narrativa infantil e xuvenil (coords. Roig, Lucas e Soto, 2008); Teatro para a Infância e Juventude. Aproximações à literatura dramática (coords. Roig e Gomes, 2008). Tamén son responsábeis, algúns deles, da revista Malasartes publicada por Porto Editora.