Consulta los profesionales que forman nuestros grupos de investigación
Buscar investigadores o palabras clave
En el departamento...
Áreas temáticas
Investigadores que forman parte de este grupo
César Domínguez Prieto
Departamento: Literatura española, Teoría da literatura e Lingüística xeral
G.I: 0
Telefono: 981563100 x11771
Correo electronico: cesar.dominguez@usc.es
Descripcion:

Título de grupo de investigación: European (Union) Literature. Siglas: E(U)L

Nun momento crucial no proceso de construcción europea, o Grupo internacional E(U)L desenvolve unha investigación de carácter conceptual, metodolóxico e incluso ideolóxico sobre o papel das culturas literarias na (re)imaxinación dunha identidade europea post-/supra-/trans-nacional. A oportunidade desta proposta ven refrendada, por unha banda, polas evidentes dificultades que ten experimentado durante os últimos anos a articulación do proxecto europeo. O seu éxito ou fracaso dependerá en moi boa medida do recoñecemento e tratameento do que sexan obxecto as linguas de Europa (referente privilexiado pola administración europea), pero tamén as súas literaturas e culturas, que, até o momento, non posúen un estatuto definido nas políticas culturais. Por outra banda, a oportunidade da investigación que o Grupo E(U)L realiza radica na necesidade de explicar novos fenómenos literarios asociados ao proceso de europeización.

Investigador principal :

César Domínguez. Profesor Titular de Literatura Comparada (USC)

Outros investigadores da USC:

Silvia Alonso. Profesora Contratada Doutora de Teoría da literatura e Literatura Comparada.

Darío Villanueva. Profesor Catedrático de Teoría da literatura e Literatura Comparada.

Marco Paone. Investigador FPU.

Federica Angelini. Investigadora.

Outras universidades:

Santiago Pérez Isasi. Centro de Estudos Comparatistas. Universidade de Lisboa.

Sibylle Baumbach. Johannes Gutenberg Universität Mainz.

Susana Araujo. Centro de de Estudos Comparatistas. Universidade de Lisboa.

Franca Sinopoli. Università degli Studi di Roma La Sapienza.

Frank Søren. Syddansk Universiteit.