Oficina CEER
 04-10-2010
A EXPEDICIÓN ARQUEOLÓXICA DA UDC EN SIRIA ACHA TEXTOS DE MÁIS DE 3.000 ANOS DE ANTIGÜIDADE

O equipo do Proxecto Arqueolóxico Medio Éufrates Sirio (PAMES), que lidera a Universidade da Coruña e o Servizo de Antigüidades de Damasco desde hai xa cinco anos, concluíu a súa última campaña de campo cun achado excepcional. O pasado mes de maio, os arqueólogos atoparon taboíñas con escritura cuneiforme pertencentes a un arquivo duns 3300 anos de antigüidade entre os restos dunha fortaleza do período Medio Asirio I (contra 1250 antes de Cristo), situada no noroeste de Siria. Trátase de dúas taboíñas de arxila sen cocer, que constitúen os textos asirios máis antigos descubertos ata a data no val do Medio Éufrates.

Este novo achado sitúa á arqueoloxía española ao máis alto nivel da investigación no ámbito da historia antiga de Mesopotamia, ao ser a primeira vez que unha universidade do noso país atopa taboíñas cuneiformes no que foi o berce da civilización.

Fonte: http://www.udc.es