Oficina CEER
 11-10-2010
ARMENTEIRA E OSEIRA, NOVAS RUTAS DE SENDEIRISMO PARA OUTUBRO

O Servizo de Deportes da USC organiza para este mes de outubro dúas novas rutas de sendeirismo, unha polo mosteiro de Armenteira e outra pola zona de Oseira.

A de Armenteira será o sábado, día 16, cunha lonxitude aproximada de 13 quilómetros e de dificultade media-baixa, ao igual que a de Oseira, que con similares características terá lugar o 23 de outubro.

Escolas deportivas.
Por outra banda, comezou xa o prazo de inscrición para a categoría ‘A’ en karate, taekwondo, xadrez, mellora da condición física e ximnasia de mantemento.

Fonte: http://xornal.usc.es/