Oficina CEER
 14-10-2010
A FACULTADE DE EDUCACIÓN ORGANIZA UNHAS XORNADAS SOBRE O LIBRO ELECTRÓNICO

A biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña, organiza as xornadas “O libro electrónico: presente e futuro na biblioteca e no ensino”, sobre o libro electrónico e o seu impacto nas bibliotecas e no ensino.

As xornadas terán lugar no salón de actos da facultade os días 25 e 26 de outubro. Ademais de conferencias e comunicacións, as xornadas contarán cun obradoiro de edición electrónica a cargo da plataforma Meubook, de stands de editores e distribuidores de libro electrónico. Tamén se sortearán ereaders entre os asistentes. O prazo de inscrición para as xornadas remata o día 10 de outubro.

Fonte: http://www.udc.es