Oficina CEER
 15-10-2010
A FUNDACIÓN CEER INICIA UNHA NOVA ANDAINA CO SEU CLUB DE LECTURA

A Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER) pon a andar a vindeira semana unha nova iniciativa do seu club de lectura virtual dedicando un obradoiro de debate ao libro Po de Estrelas. Novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro, de Xurxo Mariño, que achega ideas e teorías sorprendentes sobre a natureza do Cosmos que orixinou a vida no planeta Terra.

O libro pode solicitarse mediante préstamo na Fundación CEER (santiagotec@fceer.org) ou descargarse en formato .pdf mediante o enlace dispoñible na páxina.

O Club de Lectura virtual é unha plataforma electrónica que naceu en 2008 como lugar de encontro de lectores e escritores cos obxectivos de fomentar a lectura en galego e portugués e compartir experiencias e intereses comúns. Conta con subvención da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Fonte: http://xornal.usc.es