Oficina CEER
 19-10-2010
“DE QUEN VES SENDO?” E “PELOS PARA GUARNECERSE DE LA LLUVIA, PARAGUAS PARA RECOGER CARAMELOS”, IMAXES GAÑADORAS NA EXPOSICIÓN DO I CONCURSO FOTOGRÁFICO UNIVERSIDADE DA CORUÑA

O vicerreitor de Cultura e Comunicación, Luís Caparrós, inauguró o luns, 11 de outubro, ás 11:30 horas a exposición que recolle os traballos seleccionados no I Concurso Fotográfico Universidade da Coruña. A mostra estará aberta ao público no LERD (Pavillón de Estudantes, no campus de Elviña) ata finais de novembro. O concurso organizouse baixo o lema de “Entreculturas”, con motivo da celebración en 2010 do Ano Internacional do Achegamento das Culturas. En total, houbo 62 participantes dos que se seleccionaron 30 fotos que son as que compoñen a mostra. O primeiro premio foi para a imaxe “De quen ves sendo?” de Jorge García Fernández, mentres que o segundo levaba como título “Pelos para guarnecerse de la lluvia, paraguas para recoger caramelos”, de Roberto Amado Pazos. O xurado concedeu ademais dous accésits.