Oficina CEER
 19-10-2010
ESTATÍSTICA E DEPORTE BOTAN A ANDAR XUNTAS

Estatística e deporte danse a man nunha xornada sobre a aplicación desta metodoloxía na actividade física.

As técnicas estatísticas teñen múltiples aplicacións e son susceptibles de ser empregados para analizar case calquera campo do coñecemento. Un deses eidos é o deportivo, no que poder útil á hora de deseñar e analizar adestramentos, avaliar resultados de probas físicas e mesmo estudar comportamentos e deseñar estratexias para o fomento da práctica deportiva. Todos estes temas son, a partir deste venres, obxecto de análise nas Xornadas de Estatística no Deporte que organiza a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Esta segunda edición recolle o relevo da primeira, celebrada no mesmo centro en 2008, que o profesor José Vicente Novegil define como moi satisfactoria con máis de 100 inscritos.

Ao longo da xornada pasarán pola facultade algún dos máis relevantes expertos internacionais nesta materia, como Peter O´Donoghue. Da Cardiff School of Sport da University of Wales ou Albin Tenga, do Norwegian School of Sport Sciences. A organización deste evento corresponde ao grupo de investigación IO1, Inferencia Estatística, Decisión e Investigación Operativa da Universidade de Vigo e ao nodo CESGA, que teñen como obxectivo amosar a importancia da metodoloxía estatística na resolución de problemas ligados ao mundo do deporte e a saúde e compartir as metodoloxías empregas por investigadores nacionais e estranxeiros para resolver problemas de aplicación práctica no mundo deportivo. Trátase así de compartir experiencias e poñer en valor o consulting estatístico para interesar ao eido do deporte non universitario e estreitar lazos entre o mundo académico e o profesional. Ademais, este tipo de iniciativas pretenden difundir o interese por este tipo de coñecementos entre estudantes que están a piques de rematar a carreira e os de doutoramento e futuros profesionais.

Seis relatorios, seis aplicacións da estatística.
A xornada está dirixida a docentes, estudantes e investigadores así como a adestradores, preparadores físicos e médicos deportivos e a federacións deportivas e clubs ademais de administracións públicas relacionadas co deportes, a actividade física e a saúde.

O encargado de abrir os relatorios será Carlos Lago, profesor da Universidade de Vigo, que afondará no uso de modelos estatísticos multivariantes na análise dos deportes de equipo e dará paso á intervención de Peter O’Donoghue, que falará da importancia da técnicas estatísticas. Albin Tenga, de seguido, explicará a valides destas técnicas nos análises no fútbol, mentres que Vicente Martín, da Universidade de León, afondará nos tipos de estudos epidemiolóxicos en actividade física e saúde. Pechará a xornada Mónica Pérez, da Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación da Xunta de Galicia que fará un repaso polo sedentarismo e os niveis de actividade física en Galicia.

Fonte: http://duvi.uvigo.es