Oficina CEER
 27-10-2010
INSTALL PARTY ORGANIZADA POLA OFICINA DE SOFTWARE LIBRE DA UDC

Obradoiro da Oficina do Software Libre no Forum Metropolitano sobre a instalación do novo sistema operativo Ubuntu 10.10

A Oficina de Software Libre da UDC organiza o día 27 de outubro unha Install Party do Ubuntu 10.10 aberta ao público xeral, que poderá acudir cos seus portátiles. O obradoiro gratuito de instalación e configuración deste sistema operativo celebrarase no Fórum Metropolitano a partires das 17.00 horas e ten como obxectivo achegar á cidadanía esta nova versión.
Durante esta sesión o persoal da Oficina de Software Libre da UDC guiará a todos os asistentes e amosarálles todas as aplicacións do recén saído GNU/Linux Ubuntu 10.10, como o navegador web, o xestor de correo electrónico, a comunicación nas redes sociais, suite ofimática, xestión e retoque fotográfico, reproductor de audio e vídeo, xogos e outros aplicativos libres, gratuítos e legais dispoñibles para o seu uso.

Fonte: http://www.udc.es