Oficina CEER
 09-04-2007
A Universidade de Minho lidera a organización dunha nova rede de investigadores da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, sobre traxectorias escolares durante a adolescencia

Dentro da convocatoria de axudas para a organización de Estudos Estratéxicos e creación de redes de investigadores na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal da Fundación CEER, a Universidade de Minho ven de crear a rede científica para o estudo das traxectorias escolares na adolescencia, baixo as súas determinacións socio-cognitivas e motivacionais.

O obxectivo deste estudo é analizar a confluencia de variables ambientais e persoais na traxectoria vocacional dos alumnos, xunto coa influencia dos prestixio social das diferentes áreas de cada posible traxectoria.

A duración deste estudo estímase prolongarase ó longo de catro anos, partindo dunha mostra de 450 alumnos portugueses e 450 alumnos galegos, que na actualidade estean cursando 1º da ESO, ós que se lles acompañará nas súas traxectorias escolares para a análise das súas decisións e proxectos vocacionais.

O proxecto será levado a cabo por unha rede científica, formada por investigadores das seis universidades públicas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, onde se inclúen o Prof. Dr. Alfonso Barca Lozano pertencente á Universidade da Coruña, o Prof. Dr. Leandro S. Almeida da Universidade de Minho, a Profa. Dra. Orlanda R. Cruz da Universidade de Porto, a Prof. Dra. Fernanda Páramo da Universidade de Santiago de Compostela, o Prof. Dr. José Vasconcelos Raposo da Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro e o Prof. Dr. Manuel Deaño Deaño da Universidade de Vigo; outras nomes incluídos como partícipes neste estudos de investigación son o Prof. Dr. Salvador da Universidade de Vigo, Prof. Dra. Adelina Barbosa da Universidade de Porto, Profa. Dra. Susana Caires da Universidade de Minho e Profa. Dra. Adelina Guisande.

O proxecto terá un elemento de coordinación xeral dende a Universidade de Minho, máis un elemento de coordinación do estudos en cada unha das seis universidades que integran o CEER.