Oficina CEER
 15-11-2010
PRODUTORES, CONSUMIDORES E A ADMINISTRACIÓN CELEBRAN UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE “AGRICULTURA TRADICIONAL E COMERCIO ELECTRÓNICO”

Produtores, consumidores e a Administración celebran unha xornada informativa sobre agricultura tradicional e comercio electrónico.

O vindeiro venres 19 de novembro, produtores, técnicos e consumidores terán a oportunidade de coñecer as alternativas que brinda a produción agrícola tradicional e ecolóxica e as novas formas de venda de comercio electrónico.

A Asociación para o Desenvolvemento Agrícola Familiar de Galicia (ADAF) organiza a xornada “Granxa Familiar, Agricultura Tradicional e Comercio Electrónico” no auditorio do centro sociocultural O Ensanche, aberta ao público interesado.

Esta xornada ten como finalidade impulsar o desenvolvemento socioeconómico e difundir a utilización das Novas Tecnoloxías da Comunicación e da Información no medio rural galego, co obxecto de mellorar a calidade de vida, e por en valor a cultura rural.

A celebración desta xornada, organizada por ADAF, conta co financiamento da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e o Plan Avanza. Xunto a ADAF, participan como colaboradores a Universidade de Santiago de Compostela, o Concello de Santiago de Compostela, o proxecto Anatole, Adterra, e o Consello Regular de Agricultura Ecolóxica.

A inscrición poderá realizarse a través do servizo disposto polo Consello de Santiago de Compostela, colaborador da xornada, no seguinte enderezo electrónico:

http://invest.maiscompostela.com/convocatorias/convocatoria.php?id=45&lg=gal

ou chamando ao teléfono 981563100 ext. 14440.

Archivos asociados a esta noticia: