Oficina CEER
 18-11-2010
LECTURAS CON XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN

O presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, participará no ciclo Lecturas, na Facultade de Filoloxía.

O Salón de Graos da Facultade de Filoloxía acollerá hoxe xoves, 18 de novembro, unha sesión do ciclo Lecturas, nesta ocasión co escritor, profesor e presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín. Este acto desenvolverase a partir das 12.30 horas.

O ciclo Ler con autores e críticos é unha actividade desenvolvida no Grupo de Investigación Estudos Románicos Comparados, Romanycom, coa colaboración da Facultade de Filoloxía e organizado pola profesora Olivia Rodríguez González.

Fonte: http://www.udc.es