Oficina CEER
 25-11-2010
TEATRO E DANZA UNIRANSE COAS NOVAS TECNOLOXÍAS NUN PROXECTO PROMOVIDO POLA FUNDACIÓN CEER

Ao novedoso proxecto, organizado por i2CAT e Kònic e coordinado polo CEER, foron convidadas a participar ás Universidades da Eurorrexión. Esta iniciativa xurdiu gracias a unha subvención do Ministerio de Cultura e conta coa participación activa da Universidade de Vigo (UVigo), a Universidade de Santiago (USC), a Escola Superior de Arte Dramático de Galicia (ESAD) e a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD).

A posta en escena será nas Universidades de Vigo e Santiago de Compostela o vindeiro 2 de decemebro, e contará coa participación do grupo de danza da USC, da Aula de Teatro da UVigo e de profesores e alumnos da ESAD.

As institucións participantes realizarán o próximo 2 de decembro, en horario de mañá, un espectáculo conxunto de danza e teatro, que poderá ser visualizado en directo nas Universidades e que será tamén retransmitido en directo a través de internet. Tanto o grupo de teatro, que se atopará na Universidade de Vigo, como o de danza, que se localizará na Universidade de Santiago, interaccionarán entre si na distancia mediante as novas tecnoloxías, recibindo as imaxes do outro grupo mediante proxeccións, de xeito que poderán interactuar entre si.

Adicionalmente ao evento, a Fundación i2CAT ofrecerá unha novedosa formación, relacionada coas TICs nas industrias culturais, que será impartida a técnicos da Universidade de Santiago e a Universidade de Vigo que colaborarán na posta a punto do evento distribuido. Do mesmo modo, a UTAD impartirá o 17 de decembro unha clase maxistral enfocada a utilización das novas tecnoloxías na creación de proxectos artísticos, que será retransmitida mediante internet.