Oficina CEER
 13-04-2007
Unha empresa tecnolóxica desenvolve un traductor libre de galego a portugués

A empresa Imaxin Software traballa dende fai meses no desenrolo de EixOpenTrad, o primeiro traductor automático de código aberto que permite traducir directamente do galego ó portugués.

O sistema está basado no motor de traducción Apertium de transferencia sintáctica parcial ou superficial, e facilitará enormemente a comunicación entre empresas e entre administracións públicas de Galicia e o Norte de Portugal.

O proxecto conta co apoio da Consellería de Innovación e Industria, a través dunha subvención de 28.270 euros incluida dentro do Plan Galego de I+D+i. O departamento autonómico mantén que EixOpenTrad constitúe unha evolución de OpenTrad, un sistema de traducción automática galego-portugués e portugués-galego formado por 8.500 lemas en dúas direccións. Para desenvolver EixOpenTrad, Imaxin conta coa colaboración do seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.