Oficina CEER
 29-11-2010
XORNADAS SOBRE O OFICIO DO SOCIÓLOGO

I Xornadas sobre o oficio do sociólogo: Perfís profesionais e oportunidades de emprego.

O Salón de Graos da Facultade de Socioloxía acollerá os próximos días 29 e 30 de novembro as “Xornadas sobre o oficio do sociólogo: Perfís profesionais e oportunidades de emprego”. Estas xornadas, organizadas pola Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e polo Colexio de Politólogos e Sociólogos, están principalmente dirixidas a estudantes de socioloxía e a recén titulados na mesma. Entre os obxectivos principais a acadar nestas xornadas están desde identificar os diferentes perfís profesionais das persoas tituladas, así como orientar sobre as posibles oportunidades de emprego e os nichos laborais existentes e emerxentes no mercado laboral.

A inauguración das xornadas terá lugar hoxe luns 29 ás 9:30 horas, e correrá a cargo de Luís Caparrós Esperante, vicerreitor de Cultura e Comunicación da UDC; Andrés Hermida Trastoy, director Xeral de Promoción de Emprego da Xunta de Galicia; e de Xosé Henrique Rafael Tello León, tenente de alcalde e concelleiro de Promoción Económica e Emprego do Concello da Coruña.

Resto de programación do luns 29:
- Desde as 10:00 horas ata as 11:00 horas, conferencia inaugural a cargo de José Antonio Gómez Yañez, director en Millward Brown e profesor asociado na Universidade Carlos III de Madrid.
- 11:30 a 12:30 horas, levarase a cabo unha mesa redonda sobre os perfís e saídas profesionais dos sociólogos. - 12:30 a 14:00 horas, mesa redonda sobre a empresa e os xacementos de emprego do sociólogo.
- En sesión de tarde, desde as 16:00 horas ata as 18:00 horas, conferencia a cargo de Carlos Rodríguez Navarrete, técnico de promoción do emprego no Concello da Coruña, sobre o carácter emprendedor e o autoemprego.
- 18:00 a 19:30 horas, mesa redonda sobre a inserción laboral do sociólogo na Administración Pública e o Terceiro Sector.

Programación do martes 30:
- Desde as 10:00 horas ata as 11:00 horas, conferencia sobre a inserción laboral dos titulados en socioloxía a cargo de Amparo Almarcha, catedrática da Facultade de Socioloxía da UDC.
- 11:00 a 11:30 horas, conferencia de Marta Amate López, directora do Centro de Orientación, Formación e Emprego da Confederación de Empresarios de Galicia, sobre as perspectivas de emprego das persoas tituladas universitarias.
- 12:00 a 14:00 horas, realizarase un taller de busca de emprego e proceso de selección, que continuará pola tarde de 16:00 a 18:45 horas.
- 18:45 a 20:00, mesa redonda sobre as traxectorias de busca de emprego para o sociólogo.
- Ás 20:00, clausura das xornadas a cargo do Colexio de Sociólogos e Politólogos de Galicia e Equipo Decanal da Facultade de Socioloxía.

Fonte: http://www.udc.es/