Oficina CEER
 15-12-2010
BROCHE FINAL AO PROXECTO “TICS E INDUSTRIAS CULTURAIS”

Como colofón ao Proxecto “As TIC en industrias culturais emerxentes. Investigación, Creación, Produción e Formación”, Proxecto de i2CAT coordinado pola Fundación CEER, celebrarase o próximo día 17 unha videoconferencia na que a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) impartirá unha Máster Class sobre a utilización das novas tecnoloxías na creación de proxectos e documentais para utilización científica.

Este Proxecto, que aúna as novas tecnoloxías coa danza e o teatro, permitiu o pasado día 2 de decembro a representación conxunta nun evento distribuído de pezas de danza e teatro dende as Universidades de Santiago e Vigo e o estudo de Kónik, en Cataluña. A creación e interpretación foi levada a cabo polo Espazo de Danza da USC, a Escuela Superior de Arte Dramático e Kónic (http://fceer.org/index.php?pid=noticias&detalle=1062).

Na próxima Máster Class, que se celebrará o día 17 en horario de 10:00- 14:00 hora española, poderán interactuar os participantes no Proxecto, e a súa visualización está aberta a toda a comunidade universitaria e xente interesada, mediante un streaming que poderá visualizarse directamente en internet, no enlace: mms://i2catvserver.i2cat.net/NTIC