Oficina CEER
 22-12-2010
CHEGA AO SEU FIN O PROXECTO QUE A FUNDACIÓN CEER COORDINA SOBRE AS INDUSTRIAS CULTURAIS EMERXENTES

O proxecto de i2CAT coordinado pola Fundación CEER sobre ‘As TIC en industrias culturais emerxentes. Investigación , creación, produción e formación’ porá o fin ás súas actividades este xoves 23 coa realización dunha sesión de videoconferencia na que a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) impartirá unha Master class sobre a utilización das novas tecnoloxías na creación de proxectos e documentais para utilización científica.

Axuntando as novas tecnoloxías coa danza e o teatro, o proxecto permitiu a comezos de mes a representación conxunta dunha performance distribuída dende as Universidades de Santiago e Vigo e o estudo de Kónik, en Cataluña. A creación e interpretación foi levada a cabo polo Espazo de Danza da USC, a Escuela Superior de Arte Dramático e Kónic (http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2010_12/noticia_0010.html ou http://fceer.org/index.php?pid=noticias&detalle=1062)

Na Master Class deste xoves, en horario de 10:00- 14:00 hora española, poderán interactuar os participantes no Proxecto, estando o acceso aberto a toda a comunidade universitaria e persoas interesadas, mediante un streaming que poderá visualizarse directamente en internet, no enlace: mms://i2catvserver.i2cat.net/NTIC.

Na sesión presentaranse diversos proxectos de carácter pedagóxico-artístico como o de ‘Poesía Virtual’ incluído no Plano Nacional de Lectura portugués, ‘Aprender construíndo’ do ámbito da expresión plástica e UTAD-TV que agrupa un conxunto de propostas de índole cultural.

Fonte: http://xornal.usc.es/