Oficina CEER
 28-12-2010
A FACULTADE DE DEREITO DA USC ORGANIZA O PRIMEIRO CURSO DE INGLÉS XURÍDICO INTERNACIONAL

A Facultade de Dereito da Universidade de Santiago organiza, por primeira vez, un curso de inglés xurídico internacional. Trátase dunha actividade de formación continua dirixida ao público en xeral, que está deseñada para a preparación, opcional, dos exames ‘ International Legal English Certificate ’ (Ilec) e ‘ Test of Legal English Skills ’ (Toles).

O prazo de preinscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 20 de xaneiro, podendo formalizala os interesados dirixindo un correo electrónico á directora do curso, a profesora de Dereito Lourdes Mella, a súa dirección: lourdes.mella@usc.es ou chamando ao teléfono 881 814 721 begin_of_the_skype_highlighting 881 814 721 end_of_the_skype_highlighting. Posteriormente, entre o 21 de xaneiro e o 2 de febreiro, as persoas preinscritas deberán realizar a matrícula do curso, que se desenvolverá entre o 3 de febreiro e o 9 de abril.

As clases impartiranse os venres (de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas) e os sábados (de 10:00 a 14:00 horas), nas instalacións da Facultade de Dereito, no Campus Vida. Os participantes obterán 10 créditos pola realización deste curso, que contará cunha duración de 100 horas e custará 700 euros.

O catedrático da USC Luís Iglesias Rábade, da área de Filoloxía Inglesa, e a profesora de Filoloxía Inglesa e Alemana da UCS, formada en Reino Unido, Magdalena Garska, serán os encargados de impartir as materias do programa deste curso, que abordarán dende a ‘international and european union law’ ata ‘intellectual property law’.

Fonte: http://xornal.usc.es