Oficina CEER
 30-12-2010
CONVENIO ENTRE A UDC E O CONCELLO DAS PONTES

O reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, e o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, asinaron onte na Reitoría un convenio de colaboración para que alumnos da Escola Técnica Superior de Arquitectura realicen prácticas na vila eumesa.

Deste xeito, estudantes da escola coruñesa das materias de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo poderán realizar traballos de carácter práctico en emprazamentos urbanos das Pontes. En concreto, os estudantes terán que realizar ao longo deste ano cinco traballos académicos de diferentes áreas da vila, como o casco histórico, o poboado, o parque ou o novo lago co que contará o concello. Ao finalizar, farase unha exposición de todas as propostas que se poderá ver nas Pontes.

O convenio inclúe tamén a realización de actividades e publicacións que se fan dentro do programa Iacobus 2011 en colaboración coas escolas de Arquitectura de Clermont Ferrand e Regensburg, así como a difusión dos mesmos en Francia e Alemaña.

Fonte: http://www.udc.es