Oficina CEER
 01-04-2011
A COMPAÑÍA DE DANZA DA USC NO CAMPUS DE LUGO ESTREA ESTE VENRES A SÚA ÚLTIMA COREOGRAFÍA EN OURENSE

A Compañía de Danza da USC no Campus de Lugo estrea este venres 1 de abril a súa última coreografía Próxima Estación no marco da décimo sexta Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense. Será no Auditorio Municipal e a compañía luguesa actuará xunto coas Aulas de Danza das universidades da Coruña e Ourense a partir das 23:00 horas.

A montaxe conta coa dirección artística de Juan Carlos Zahera e trátase dunha creación colectiva inspirada nunha viaxe que leva “as raíces por maleta”, pasando pola situación de globalización e “afirmando que nos queda un alento de esperanza” a través do sentido e a sensibilidade. As intérpretes desta nova peza de danza universitaria son Rosa Acuña, Kamila Paganelli, Lola Fernández, Mar Freire,Yasmina Ietum e Marta Prada, e o texto é obra de Mar Freire.

Fonte: http://xornal.usc.es