Oficina CEER
 04-04-2011
PRESENTACIÓN EN FERROL DA VII XUNTANZA TECNOLÓXICA

Presentación en rolda de prensa da VII Xuntanza Tecnolóxica da Escola Universitaria Politécnica.

O vindeiro luns, 4 de abril, presentarase ante os medios de comunicación a VII Xuntanza Tecnolóxica organizada por alumnos da Escola Universitaria Politécnica, no campus de Ferrol da Universidade da Coruña, e que terá lugar os días 7 e 8 de abril.

Á rolda de prensa, que se celebrará no salón de actos da EUP ás 11:00 horas, asistirán o director da Escola, Manuel Ángel Graña, a subdirectora de Infraestruturas e Relacións Exteriores do centro, Isabel Fernández, a coordinadora de Conferencias da Xuntanza Tecnolóxica, María Rodríguez, a responsable de Relacións Institucionais da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Cristina Pita, e o coordinador de Prensa das Xuntanzas, Javier Pombo.

A Xuntanza Tecnolóxica é un punto de encontro entre os alumnos da Escola Universitaria Politécnica e empresas do sector produtivo directamente vinculadas ás titulacións que se imparten neste centro, os graos en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática, e o de Enxeñaría Eléctrica e as dúas especialidades dos planos antigos de Enxeñaría Técnica Naval e Industrial.

A edición deste ano, á que xa se apuntaron máis de 250 alumnos, contará ademais de coa presenza das empresas, con conferencias, talleres e outras iniciativas que se porán en marcha nesta ocasión por primeira vez.

Máis información e contacto: www.xuntanzatecnoloxica.com
Javier Pombo, coordinador de Prensa

Fonte: http://www.udc.es/