Oficina CEER
 06-04-2011
PRESENTACIÓN DO IX ENCONTRO UNIVERSITARIO DE DANZA CONTEMPORÁNEA DA USC

O vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade Javier Garbayo Montabes, presentará este mércores a programación do IX Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC. A presentación ten lugar na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome a partir das 11:30 horas, nun acto no que tamén estarán presentes, o director do Espazo de Danza da USC, Juan Carlos Zahera e o director da Área da Cultura, Pablo Sampedro.

O encontro reunirá, entre o 10 e o 12 de abril, ás aulas de danza das universidades Granada, Barcelona, A Coruña e Santiago, ademais das dúas compañías independentes da USC.

Favorecer o intercambio cultural a través da danza por medio das distintas propostas coreográficas das universidades participantes, á vez que se achega a danza ao público, son os obxectivos principais do encontro.

Fonte: http://xornal.usc.es/xornal/