Oficina CEER
 12-04-2011
HUMANIDADES ORGANIZA UNHAS XORNADAS LITERARIAS SOBRE DOSTOIEVSKI

A Facultade de Humanidades acolle a presentación das IX Xornadas Literarias: Fiodor Dostoievski

O Salón de Graos da Facultade de Humanidades, no campus de Ferrol, acollerá mañá, martes, 12 de abril, ás 10:30 horas unha rolda de prensa de presentación das IX Xornadas Literarias que nesta ocasión estarán dedicadas a Fiodor Dostoievski.

No acto estarán o decano da Facultade, Manuel Recuero, a concelleira de Cultura de Neda, Maribel Fernández Naseiro, e Manuel Grueiro, da Casa de Cultura do Concello de Neda. Estas xornadas, que terán lugar entre os días 13 e 15 de abril, están organizadas pola Facultade de Humanidades e o Concello de Neda, en colaboración co Centro Ruso de Madrid, con motivo do Día do Libro 2011.

Fonte: http://www.udc.es