Oficina CEER
 18-04-2011
APARELLADORES ACOLLE UNHA MOSTRA DE XEOMETRÍAS EN PAPEL

Papiroflexia e Matemáticas relacionadas nunha interesante exposición en Arquitectura Técnica.

A Escola Universitaria de Arquitectura Técnica acolle ata o 27 de abril a exposición “Xeometría con papel”, organizada pola profesora Covadonga Blanco, na que se amosa o labor docente e investigador que se leva a cabo na escola. As figuras foron realizadas por Covadonga Blanco, Teresa Otero e Teresa Amado.

A exposición de Aparelladores está dividida en tres seccións temáticas: Sólidos xeométricos no espazo, teselación do plano e mosaicos no plano. Unha sección aparte dedícase ao paraboloide hiperbólico en cuxa realización tomaron parte activa os alumnos de primeiro curso. A exposición pon de manifesto a relación dos conceptos matemáticos, en especial da xeometría, con elementos de tipo construtivo permitindo un achegamento do público en xeral a conceptos abstractos. Desta mostra destaca tamén a beleza das composicións, que permiten un disfrute puramente estético sen necesidade de profundizar en consideracións matemáticas.

Fonte: http://www.udc.es