Oficina CEER
 25-04-2011
"XUSTIZA TERAPÉUTICA" NA USC

David B. Wexler, profesor Emérito Distinguido de Investigación da Lei pola Universidade de Arizona impartirá o luns, 25 de abril, unha conferencia en Psicoloxía sobre ‘Xustiza Terapéutica’. A charla ten lugar no Salón de Actos da facultade, Módulo A, a partir das 17:00 horas e a entrada é libre.

A Wexler atribúese a primeira discusión sobre xustiza terapéutica. O profesor suxire a necesidade dunha nova perspectiva para estudar a medida na que as normas substanciais, os procedementos, e o papel dos actores legais -avogados e xuíces especialmente- producen consecuencias terapéuticas para las persoas que participan en el proceso legal.

A xurisprudencia Terapéutica é unha disciplina cuxa visión considera o Dereito dende unha perspectiva interdisciplinaria, utilizando os coñecementos de varios campos como a psicoloxía, criminoloxía, traballo social, saúde pública, psiquiatría e de rehabilitación do Dereito na súa aplicación, tomando en conta o debido proceso de lei e os valores da xustiza.

Fonte: http://xornal.usc.es