O director xeral de Agricultura da Comisión Europea estará acompañado do reitor.
‘A política agrícola común despois de 2013’ é o título da conferencia que o director xeral de Agricultura da Comisión Europea, José Manuel Silva Rodríguez, pronunciará o vindeiro luns, 9 de maio, no Campus de Lugo.
A conferencia, na que estará acompañado do reitor compostelán Juan Casares, terá lugar ás 12:00 horas no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior.
Fonte: http://xornal.usc.es