Oficina CEER
 09-05-2011
NOVA EDICIÓN DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

A Universidade da Coruña organiza unha nova edición dos Campamentos Campus Xuño+Xullo que se celebrarán no campus de Elviña e no campus de Ferrol.

Ofrécense dous tipos de campamentos: un de inglés, e outro multideportivo para rapaces e rapazas entre 4 e 12 anos dependendo da actividade. Para apuntarse haberá que entregar a folla de inscrición, autorización fotográfica e saídas, información médica e folla de pagamento, antes das 14:00 horas do 14 de maio, no Pavillón de Deportes do campus de Elviña ou no Edificio de Apoio ao Estudo do campus de Ferrol.

As prazas ofertadas son limitadas, e darase preferencia na inscrición a familiares de membros da comunidade universitaria. Tamén se poderá cancelar a quenda de non acadar o número mínimo de matrículas.

Para máis información www.udc.es/cc/campamentos.pdf