Oficina CEER
 03-09-2007
A USC revisa as achegas máis importantes das mulleres economistas ao pensamento económico

A presenza das mulleres na historia do pensamento económico centra este luns, día 3 de setembro, unhas xornadas que se desenvolven na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais organizadas polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega), da USC.

En catro sesións, os expertos revisarán as achegas máis importantes das mulleres economistas ao Pensamento Económico, seguindo unha liña cronolóxica que vai dende Jane Marcet e Harriet Martineau ata Elisabeth Boody Schumpeter ou Edith Penrose.

Entre outros, os relatorios profundarán nas ensinanzas de Concepción Arenal, a difusión das teorías de Marx a través de Rosa Luxemburgo, a defensa do capitalismo de Ayn Rand ou as teses da historiadora Marjorie Grice-Hutchinson.