Oficina CEER
 29-09-2007
Aberto o prazo de inscrición para o curso virtual Planificación Estratéxica Municipal e Marketing Terrirorial, organizado pola Fundación CEER

A Fundación CEER, a través do seu portal Web, Campus Virtual, organiza o curso Planificación Estratéxica Municipal e Marketing Terrirorial, financiado pola Xunta de Galicia, mediante a súa Consellería de Innovación e Industria, Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

Este curso será impartido de xeito virtual, cunha extensión de 50 horas, para o que se ofertarán 50 prazas. O público obxecto do curso é a comunidade universitaria de Galicia e o norte de Portugal ( estudantes, investigadores, profesores, PAS, etc, incluíndo ás Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Minho, Porto e Tras-os-Montes e Alto Douro. Tamén está destinado a aquelas persoas que desenvolvan unha actividade profesional nunha estrutura empresarial, pública ou privada, con algunha responsabilidade, directa ou indirecta, nos procesos decisionais; ou toda persoa interesada en coñecer a relevancia e as ferramentas dispoñibles para a planificación estratéxica e o desenvolvemento territorial, no ámbito da Sociedade da Información.

Para máis información:

http://www.fceer.org/formacion/

ou a través do seguinte enderezo electrónico:

xestion@fceer.org