ESPECIALISTAS EN DEREITO PENAL ANALIZARÁN OS INSTRUMENTOS DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Especialistas das Universidades de Santiago, Vigo Minho (Portugal) e Bucarest (Romanía) reuniranse o vindeiro 15 de maio nun seminario para analizar os instrumentos penais de loita contra a violencia de xénero dende unha perspectiva europea comparada.
Organizado polo Instituto de Criminoloxía e a USC no marco do proxecto de investigación ‘A violencia de xénero: problemas de cualificación xurídico-penal’, a xornada introduciraa o profesor Gumersindo Guinarte, co director do evento xunto con Fernando Vázquez-Portomeñe Seijas.
Logo da presentación intervirán o decano da Facultade de Dereito de Minho, Mário Fererira; a profesora da Universidade de Bucarest, Cristina Rotaru; e a docente e secretaria xeral da Universidade viguesa, Inmaculada Valeije.
As persoas interesadas en participar na sesión deben remitir un correo electrónico a icsec@usc.es.
Fonte: xornal.usc.es