Oficina CEER
 04-05-2012
CICLO MUSICAL EN NORMAL (UDC)

Normal acolle na primeira quincena de maio o Ciclo de Música Contemporánea, coa colaboración de alumnado do Conservatorio.

O Espazo de Intervención Cultura da Universidade da Coruña, Normal, acollerá na primeira quincena de maio o Ciclo de Música Contemporánea denominado Espazo IXOr, dirixido por Pablo Coello con alumnado do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Trátase dunha oportunidade excepcional para achegarse, en catro sesións diferentes, a repertorios musicais nada habituais entre nós, como pode ser a música de Xenakis, Stockhausen, Cage, Glass ou Gubaidulina, entre outros músicos menos coñecidos. Con este ciclo, Normal prosegue o seu achegamento didáctico e experimental a expresións da vangarda musical contemporánea.

O ciclo comezará o xoves 3 de maio ás 20.00 horas co concerto inaugural, no que se propón unha viaxe ao mundo interior da muller a través da natureza e do son, con obras de Philip Glass, Ben Hackbarth e Iannis Xenakis. O venres, 7 de maio ás 20.00 horas presentarase o segundo concerto, cun programa interpretado pola Aula de Saxofón do Conservatorio Superior de Música da Coruña e convidados.

O programa retomarase o xoves, 10 de maio ás 20:00 horas cun concerto dedicado ás músicas contemporáneas, con especial protagonismo para o Silenzio de Sofia Gubaidulina. Finalmente, o ciclo pecharase o luns, 14 de maio 20:00 horas cun concerto no que o Ensemble IXORafonda afondará na música do artista multimedia francés Pierre Jodlowski, entre outros compositores.

Máis información: http://istoenormal.org/gl/novas/espazo-ixor

Fonte: udc.es