A profesora Ana Iglesias Galdo tomou posesión onte como decana da Facultade de Ciencias da Educación, despois de ser elixida en Xunta de centro o pasado 17 de abril. O acto oficial de toma de posesión tivo lugar pola mañá na Reitoría ante a presenza do reitor, Xosé Luís Armesto, do novo equipo decanal que acompañará a Ana Iglesias no seu mandato, e do anterior decano, Narciso de Gabriel.
O reitor agradeceu a De Gabriel a súa dedicación xenerosa á fronte da Facultade nos últimos anos e felicitou á nova decana. Armesto lembrou a importancia de asumir este tipo de responsabilidades na institución, sobre todo, dixo, nun momento en que se fai máis necesaria a defensa do ensino público. O reitor subliñou a posta en valor da docencia como primeira misión da universidade coa responsabilidade de formar profesionais altamente cualificados e animou ao novo equipo decanal a seguir traballando nesa liña.
Fonte: udc.es