Oficina CEER
 23-10-2007
I Semana do Mar

Galicia é un país debuxado por rías que penetran ducias de quilómetros no interior. Actualmente a maioría da poboación galega habita nas áreas litorais e nas súas zonas de influencia. Galicia é historicamente unha potencia pesqueira de nivel internacional e base dunha das frotas extractivas máis importantes. Tamén conta cunha actividade extractiva e de cultivo nas augas territoriais que constitúen o alicerce dunha potente industria conserveira e de produto fresco.

Froito da súa historia, Galicia ten ademais un patrimonio material e inmaterial que reborda a vertente estritamente económica para conformar unha cultura mariñeira que impregna toda a sociedade.

Así pois, a nosa dependencia do mar xera diálogos moi complexos que precisan análises globais que nos permitan actuar do xeito máis realista e racional posible.

Con este motivo celebrarase en Santiago de Compostela, nas instalacións da Fundación Sotelo Blanco, sitas na rúa San Marcos 77, a I Semana do Mar. Estes actos serán de acceso libre e conterán o seguinte programa de actividades:

PROGRMA: Luns 22

12:00. Inauguración a cargo do director xeral de Patrimonio Cultural, Don Felipe Arias Vilas, do presidente da Fundación Alfonso Martín Escudero, Don José Ra món Parada Vázquez e Don Olegario Sotelo Blan co, presidente da Fundación Sotelo Blan co.

12:30. Mares, barcos e xentes na literatura galega. Conferencia inaugural a cargo de Francisco Fernández Rei, catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela e vicepresidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.

17:00. A pesca, sector industrial da economía gale ga. Conferencia a cargo de María do Carmo Gar cía Ne gro, profesora titular de Economía Aplicada da Univ. de Santiago de Compostela. 19:00. Estratexias pesqueiras para o século XXI: estado da cuestión. Conferencia a cargo de Fernan do Gon zález Laxe, catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña.

Martes 23

16:00. Proxección do documental Algas, dirixido por Kike Porteiro e David González.

16.30. El sector transformador de productos del mar y de la acuicultura: presente y futuro. Conferen cia a cargo de Juan M. Vieites Baptista de Sousa, secretario xeral da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (ANFACO).

18:30. Proxección do documental Percebeiros, dirixido por Paco Cuesta.

20:00. As Confrarías de Pescadores. A situación organizativa do sector. Conferencia a cargo de Xoán López Álvarez, técnico pesqueiro e secretario xeral da Federación de Confrarías de Pescadores de Galicia.

Mércores 24

16:00. Proxección do documental Batea afundida, dirixido por Jorge Algora.

16:30. Evolución do sistema de pesca artesanal no porto do Grove. 1960-2007. Conferencia a cargo de José Luís González Escalante, biólogo mariño e director do Museo Etnográfico da Pesca e a Salga do Grove.

18:00. Desenvolvemento (non)sustentábel: unha visión ecoloxista do mar e o litoral galego. Conferencia a cargo de Manuel Soto Castiñeira, profesor de Enxeñería Química da Universidade da Coruña e ex presidente de Adega.

19:30. Dúas frustracións e un paradigma: ostra, ameixa e mexillón. Conferencia a cargo de Uxío Labarta, profesor de investigación do Consello Superior de Investigacións Cientificas (CSIC).

Xoves 25 16:00. Proxección do documental As voces do Pres tige, dirixido por Ángel Peláez.

17:00. Incidentes marítimos: institucions xurídicas afectadas. Conferencia a cargo de Francisco Peleteiro, avogado especializado en dereito marítimo, secretario xeral da Asociación Española de Em presas de Amarre de Buques e director do máster de Administración Marítima da Universidade da Coruña.

18:30. La acuicultura marina en Galicia: régimen ju rídico, garantías de sostenibilidad y potencialidad futura. Conferencia a cargo de Fernando Ote ro Lou rido, experto en dereito ambiental, xerente da Asociación de Produtores de Rodaballo de Galicia (AROGA) e asesor xurídico do Clúster da Acuicultura de Galicia.

20:00. O aproveitamento sostible do mar e as súas ameazas, o caso galego. Conferencia a cargo de Xabier Vázquez Pumariño, biólogo e consultor ambiental vinculado ao movemento ecoloxista.

Venres 26

10:00. Proxección do documental Terra de náufragos, dirixido por Jorge Algora.

11:00. Funcionalidade (e un pouco de historia) das embarcacións tradicionais galegas. Conferencia a cargo de Luís Rei, director da revista Ardentía.

12:00. O recoñecemento social da cultura maríti ma. Asociativismo. Conferencia a cargo de Fernan do Piñeiro, presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.

13.00. Guimatur:marisqueo e ecoturismo. Conferencia a cargo de María Xosé Cacabelos, mariscadora e presidenta de Guimatur, asociación cul tural que integra a mulleres mariscadoras do Mar de Cambados.

16:30. Presente e futuro da construción naval en Galicia. Conferencia a cargo de Dionisio Pereira Gon zález. Historiador e etnógrafo.

18:00. Táboa Redonda: Mar e Lecer. Modera: Fran cisco Fernández Rei. Participan: Dionisio Pereira Gon zález, Fernando Piñeiro, Mª Xosé Cacabelos e Luís Rei.