O ESPAZO DE DANZA DA USC INTERVÉN NO DESFILE EN SANTIAGO DO DESEÑADOR GONZALO VÁZQUEZ
O Espazo de Danza da Universidade de Santiago participa activamente, como vén sendo habitual, nos desfiles de presentación da última colección de moda do deseñador galego Gonzalo Vázquez.
Logo de intervir o sábado pasado na cidade portuguesa de Porto, este martes 18 en Santiago volverán ilustrar o desfile coa súa danza. Será ás 21.00 horas no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia.
Matrícula.
Precisamente o Espazo de Danza da USC abre esta semana o prazo de matrícula nos cursos a desenvolver durante o presente ano académico.
Fonte: xornal.usc.es