Oficina CEER
 25-09-2012
A EVOLUCIÓN DAS TIC NA EDICIÓN UNIVERSITARIA NA USC, ENTRE OS TEMAS DO NOVO NÚMERO DO BOLETÍN DA UNE

A USC é unha das universidades españolas con máis presenza en plataformas dixitais de distribución.

O director do Servizo de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés, é unhas sinaturas incluídas no número 25 da revista Unelibros, novo exemplar gratuíta da publicación da Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE), onde reflexiona sobre a edición dixital no espazo universitario.

No artigo ‘Tendiendo puentes’, Juan Blanco fai unha análise da evolución na USC da aplicacións das novas tecnoloxías aplicadas á edición, subliñando como a Universidade compostelá asume dende hai anos as posibilidades das TIC, compromiso materializado na inauguración dunha libraría dixital ou no mantemento dun repositorio que xa aloxa na actualidade preto de 5.000 arquivos de edicións propias, teses e preto dunha vintena de libros dixitais nativos, “cunha perspectiva ilimitada de crecemento”. Neste senso, o responsable do Servizo de Publicacións da USC, destaca que á USC é xunto coa UNED, a UOC e a Universidade de Salamanca a institución universitaria con máis presenza en plataformas dixitais.

O novo boletín da UNE recolle nas súas 88 páxinas as referencias de 327 títulos dos libros máis destacados, publicados polas editoriais das universidades e centros de investigación españois nos últimos seis meses. Esta produción editorial agrúpase na revista por áreas de coñecemento: xeneralidades; filosofía; relixión; ciencias sociais; ciencias puras, exactas e naturais; ciencias aplicadas, medicina e técnica; arte, belas artes e deporte; lingüísticas, literatura e filoloxía; xeografía e historia.

La revista ofrece, ademais das novidades editoriais, entrevistas, reportaxes e artigos sobre diversos temas de interese para a edición universitaria. Pódese consultar en formato Flash na plataforma ISSUU (http://issuu.com/unelibros/docs/unelibros_25).

Fonte: xornal.usc.es