Oficina CEER
 29-10-2007
A Fundación CEER celebra na Universidade de Minho a conferencia “Os Incêndios Florestais na Galiza e Norte de Portugal: da Prevenção à Mitigação”.

O pasado día 24 de outubro tivo lugar na Universidade de Minho a celebración da conferencia titulada “Os Incêndios Florestais na Galiza e Norte de Portugal: da Prevenção à Mitigação”, financiada pola Fundación CEER, dentro do marco do programa europeo Interreg IIIA.

Neste evento reuníronse investigadores da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para abordar algunhas das cuestións máis relevantes relacionadas co estado actual dos montes do territorio, formas de prevención dos incendios forestais e formas de acción e intervención forestal.

No acto estiveron tamén presentes D. Leandro da Silva Almeida, Vice-Reitor-LSA da Universidade de Minho, D. Miguel Sopas de Melo Bandeira, profesor da Universidade de Minho e secretario xeral da Fundación CEER e D. Luis Domínguez, profesor da Universidade de Vigo e presidente do Consello de Científico da Fundación CEER.