Oficina CEER
 25-10-2012
O CLUB DEBATE COMPOSTELA BUSCA NOVOS SOCIOS E SOCIAS

Presentouse en Matemáticas cun debate de exhibición sobre a centralización ou descentralización da educación.

Coa fin de captar novos socios e socias así como docentes que desexen participar como xuíces na liga interna da USC, o Club Debate Compostela organizou esta semana unha exhibición da súa actividade. Foi este mércores en Matemáticas cando integrantes do Club debateron sobre unha cuestión de plena actualidade: ¿a educación debe ser centralizada ou descentralizada?.

As persoas asistentes comprobaron así que é o debate de competición e como se converte nunha óptima ferramenta para a aprendizaxe de habilidades esenciais na práctica estudantil e laboral como a oratoria, a argumentación, a documentación, a comunicación e o liderado, todas elas habilidades requiridas no modelo de Bolonia.

Club Debate Compostela.
Anteriormente coñecido como Sociedade de Debate de Competición (Sodeco), o Club Debate Compostela acadou importantes premios no ámbito estatal, destacando os de Campión estatal en 2007-08, subcampión iberoamericano en 2012 e premios individuais aos mellores oradores nos anos 2007 e 2012.

Fonte: xornal.usc.es