Oficina CEER
 20-11-2012
COÑECE O CAMPUS DE EXCELENCIA INTERNACIONAL DA UDC

O Campus do Mar obtivo o recoñecemento de Campus de Excelencia Internacional na convocatoria do ano 2010. A UDC, xunto coas outras universidades galegas, o CSIC e o IEO lideran este proxecto, coordinado pola Universidade de Vigo, que conta co respaldo dunha potente agrupación de I+D mariño, que pon ao servizo desta iniciativa a súa experiencia en docencia, investigación e transferencia das ciencias e tecnoloxías do mar. O representante da UDC no Campus do Mar é o profesor Luis Fernández Rodriguez, que forma parte do equipo de dirección do Campus do Mar e desempeña as funcións de director da Área de Transferencia do Campus do Mar.

Os datos de contacto de Luis Fernández son:
Facultade de Ciencias
Universidade da Coruña
Campus da Zapateira, s/n
15071 - A Coruña
Email: luisfdez@udc.es

Actividades
Ciclo de Conferencias do Campus do Mar

Convocatorias
Convocatoria de dous xestores de innovación e un coordinador de equipo para o seu programa de transferencia.
Oferta de bolsas de mestrado para desenvolver traballos de investigación no Centro Oceanográfico da Coruña.
12 axudas predoutorais da Xunta de Galicia destinadas ao Campus do Mar

Máis información en: http://www.udc.es/campusdomar