Oficina CEER
 26-11-2012
A UDC COLABORA NA CREACIÓN DUNHA UNIVERSIDADE EN NICARAGUA

O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, asinou un convenio de colaboración coa responsable de proxectos do Instituto de Liderazgo Las Segovias en Nicaragua, Meiling Aguilar.

A Universidade da Coruña, xunto coa organización non gobernamental Solidariedade Galega e outras entidades coruñesas, colaborará na creación ex novo da primeira universidade autónoma do norte de Nicaragua. Deste xeito, profesorado da UDC está traballando cos seus homólogos nicaraguanos na preparación dos planos de estudo desta nova universidade pública. Ademais, este verán, a Universidade fixo unha doazón de 24 mesas de estudo con 48 cadeiras e 232 cadeiras de pala para aulas e salón de actos ao Instituto de Liderazgo de Las Segovias.

Xunto co reitor estiveron presentes no acto de sinatura do convenio a vicerreitora de Relacións Internacionais e Cooperación, Natalia Álvarez, e a secretaria do Instituto de Liderazgo Las Segovias, Carlita Padilla. Fonte: udc.es