Oficina CEER
 30-11-2012
JORNADAS DE RÁFAGAS DE EDUCACIÓN CONTRA LA VIOLENCIA

O Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da UDC e o Centro Ágora acollerán os días 3 e 4 de decembro as xornadas tituladas “Ráfagas de Educación para a paz”, organizadas pola Concellería de Cultura, a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña e co apoio da Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura. Este encontro ten como obxectivo realizar unha análise da educación como antídoto contra a violencia en pos dunha cultura de paz. Participarán profesionais do ensino, representantes de ONGs e de fundacións, para debater e reflexionar sobre as campañas de sensibilización e proxectos educativos, así como as experiencias pasadas e futuras dirixidas a toda a cidadanía.

A sesión de mañá desenvolverase na Facultade de Ciencias da Educación e será inaugurada ás 10:30 horas pola decana deste centro, Ana Iglesias Galdo, e pola directora de contidos de Ráfagas de Educación, Mar Rodríguez Romero, que é tamén profesora da citada facultade e presentará a primeira conferencia, que correrá a cargo de Jordi Armadáns, presidente da Fundaciò per la Pau e do Consello catalán para o fomento da Paz. No transcurso desta sesión, que durante a tarde desenvolverase no centro Ágora, pedagogos, representantes de ONGs e Artistas afondarán nas estratexias educativas que buscan “antídotos contra a Guerra”. Por parte da Universidade da Coruña intervirán nestas xornadas os profesores da Facultade de Ciencias da Educación José María Mesías Lema, Patricia Carballal Miñán, Patricia Digon, Luis Iglesias Salvado, Araceli Serantes e Helena Zapico.

Toda a información en www.rafagas.org

Fonte: udc.es