Mediante un concurso de ideas que se inspira na Ponte Arcuato que construíu Leonardo da Vinci, unha estrutura singular de madeira autoportante e sen anclaxes.
A estrutura gañadora exporase no campus da Zapateira e unha réplica, no Centro Tecnolóxico CIS Madeira (Ourense), para avaliar o comportamento da madeira en dúas situacións climatolóxicas diferentes.
Confemadera Galicia, o centro tecnolóxico CIS Madeira e o Departamento de Tecnoloxía da Construción da Universidade da Coruña difundirán entre a comunidade universitaria as posibilidades da madeira, e dos novos tratamentos, como material construtivo nos ámbitos da enxeñaría e a arquitectura, dúas disciplinas de referencia da Universidade da Coruña. Para isto, convócase un concurso de ideas inspirado en Ponte Arcuato, a ponte autoportante de madeira, deseñado por Leonardo da Vinci no século XVI.
Na presentación na Escola Técnica Superior de Arquitectura do prototipo de Ponte Arcuato, o presidente de Confemadera Galicia indicou que é “de vital importancia” para a industria de transformación da madeira e o hábitat de Galicia difundir entre os futuros enxeñeiros e arquitectos as “vantaxes da madeira e a innovación que supoñen os novos tratamentos que se aplican para obter maior estabilidade e durabilidade”. Elier Ojeda lembrou que a UE impulsa unha economía baixa de emisións de CO2 “onde a madeira é protagonista”, polo que, no desenvolvemento económico “estará liderado” polas rexións que “dispoñan de madeira, en cantidade e de calidade, e dunha industria transformadora que xere valor engadido”.
A Ponte Arcuato de Leonardo da Vinci é un sistema construtivo singular, realizada en madeira, autoportante e sen anclaxes. Esta figura servirá de inspiración aos universitarios que, nesta primeira edición do concurso, terán que realizar dous prototipos similares en madeiras modificadas. Estes novos produtos obtéñense despois de aplicar un tratamento sobre a madeira que lle aporta unha maior estabilidade e durabilidade.
Mediante o concurso de ideas, o xurado premiará anualmente a concepción, o deseño e a posterior construción dun sistema estrutural concibido en madeira. O prototipo gañador exporase á intemperie no Campus da Zapateira, ademais, realizarase unha réplica que se ubicará nas instalacións do CIS Madeira, en Ourense. Así, os técnicos deste centro tecnolóxico poderán realizar unha avaliación do comportamento da madeira en dúas situacións climatolóxicas diferentes.
Existen tres tipos de madeiras modificadas:
A madeira termotratada, á que se aplica un tratamento de calor con temperaturas entre 180 e 260 graos, é idónea para fachadas de madeira ou revestimentos de exterior e permite, por primeira vez, o uso da madeira galega nestas aplicacións.
A madeira acetilada, que recibe un tratamento químico pero sen biocidas, é apropiada para fachadas, revestimentos e grandes obras, como foi o caso dos pavimentos da Exposición Universal de Shangai 2010 (China).
Por último, o caso da madeira furfurilada, que é o resultado dun tratamento con furfural –derivado da caña de azucre ou o millo- increméntase a densidade e a dureza da madeira e a converte no material idóneo para cubertas de barcos e entarimados exteriores.
Confemadera Galicia.
Representa a un dos sectores estratéxicos da economía galega que supón o 3.5% do PIB de Galicia. Aglutina a máis de 3.000 empresas cunha facturación conxunta que supera os 1.700 millóns de euros e xera máis de 20.000 empregos directos e 50.000 indirectos.
Departamento de comunicación Confemadera Galicia:
Rosa Pontes │686 037 314
rosa.pontes@taescomunicacion.com
www.confemaderagalicia.es @ConfemaderaGal
Fonte: udc.es