A Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal celebrará o vindeiro día 11 de decembro a xornada “Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional”, co patrocinio da Xunta de Galicia, mediante a súa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.
Para este evento contarase coa participación de dez grupos de investigación pertencentes ás seis universidades públicas galegas e do norte de Portugal e Irlanda, técnicos e profesores de recoñecido prestixio internacional. O programa inclúe dúas conferencias e dez exposicións sobre as actividades de investigación que se están levando a cabo na actualidade no campo da Sociedade da Información, as Novas Tecnoloxías e o Desenvolvemento Urbanos Rexional. Estas actividades completaranse cunha mesa de debate e rolda de preguntas.
A celebración deste acto terá lugar na Sala de Xuntas da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, en Santiago, a partir das 9:30 h.
A inscrición na xornada é gratuíta, estando dirixida á comunidade académica de Galicia e o norte de Portugal e público en xeral.
Para máis información:
Telf.: 981563100 ext. 11117
Web: www.fceer.org
Email: xestion@fceer.org