Reuniuse en San Xerome co reitor unha delegación dese país.
O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, recibiu este martes no seu despacho a unha delegación de universidades rusas que se atopa en Santiago para participar nun acto académico do Máster en Ciencias da Familia.
Reuníronse con Casares a profesora da Universidade Estatal de Humanidades de Rusia, Marina Mokhnacheva; o decano da Facultade de Educación a Distancia da Universidade Psicolóxico-Pedagóxica de Moscova, Bronius Aismontas; e o profesor e editor Pável Tribunsky, acompañado do profesor da USC Agustín Dosil.
Fonte: xornal.usc.es