Oficina CEER
 21-02-2013
DIAGNÓSTICO SOBRE LA IGUALDAD DE GÉNERO EN LA UDC

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, e a directora da Oficina de Igualdade de Xénero, Ana Jesús López Díaz, presentaron esta mañá o Diagnóstico sobre a Igualdade de Xénero na Universidade da Coruña. O traballo constitúe o punto de partida para a elaboración dun plan de igualdade de oportunidades deseñado a medida para a Universidade da Coruña. A Oficina de Igualdade de Xénero comezou a elaboración do diagnóstico coa recollida de datos no primeiro semestre do ano 2012.

O informe resultante, do que se ofrece máis abaixo un breve resumo, está estruturado en cinco apartados, sendo os tres primeiros os que describen a situación dos colectivos de alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos. A continuación, estúdase a situación de igualdade nos órganos de goberno da Universidade da Coruña e, finalmente, faise unha análise das políticas e accións de igualdade emprendidas.

Alumnado.

Distribución moi equilibrada nas porcentaxes de homes e mulleres nos distintos graos académicos pero amosando unha clara segregación por sexo segundo a área científica. O rendemento académico das alumnas é superior ó dos seus compañeiros varóns en todas as ramas científicas.

• Distribución segundo grao académico

• Graos e Títulos sen adaptar ao Espazo Europeo de Educación
Superior: 50,2% de alumnas. Isto supón uns 6 puntos porcentuais menos que a media do Sistema Universitario Galego.
• Mestrados: 60,9% de alumnas.
• Doutoramento (fase de tutela académica): 50%

•Distribución segundo área científica:

• Áreas moi feminizadas: Ciencias da Saúde (82,1% de alumnas).
• Áreas moi masculinizadas: Enxeñaría e Arquitectura (33,5% de alumnas). Das 32 titulacións que se ofertan, hai 20 onde a presenza de alumnos é superior ao 70%, e dúas cunha presenza superior ao 90% (grao en Enxeñaría Mariña cun 92,7% e a diplomatura en Máquinas Navais cun 98,5%). Tamén neste extremo masculinizado nos encontramos con titulacións como o grao en Enxeñaría Eléctrica e o grao en Informática cunhas porcentaxes de alumnas do 12% e o 10%, respectivamente. Por outra parte Arquitectura ou Deseño Industrial teñen unha maior porcentaxe de alumnas, con valores que alcanzan o 53% (grao en Arquitectura) ou o 52% (grao en Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto).
• As áreas de Ciencias, Ciencias Sociais e Xurídicas e Arte e Humanidades teñen unha presenza feminina maioritaria (entre o 60% e o 70%).

• Rendemento académico:

• Tasas de éxito e de eficiencia: Superior no caso das alumnas. As alumnas obteñen mellores cualificacións que os alumnos.
• Duración media dos estudos (anos): 5,3 (alumnas) 5,7 (alumnos).
• Premios extraordinarios de fin de carreira: 68% (alumnas).
• Persoas tituladas: 55,6% de mulleres.
• Título de doutor/a: 54,8% de mulleres.

Persoal Docente Investigador (PDI)

As mulleres están en minoría no total do PDI da UDC, aínda que a distribución segundo área científica é paritaria agás en Enxeñaría e Arquitectura. Unha análise da distribución do PDI por categoría e sexo pon de manifesto unha clara segregación vertical cunha proporción moito menor de mulleres nos postos máis altos da carreira universitaria. O perfil das profesoras da UDC é de menor idade que os homes. Por outra parte, é moi baixa a presenza de mulleres como coordinadoras de grupos de investigación ou directoras de tese de doutoramento, aínda que o éxito na consecución de sexenios é similar ao dos homes.

• Porcentaxe de mulleres no PDI: 35,4%

• Distribución segundo área científica:
• Paritaria en todos os ámbitos científicos salvo en Enxeñaría e
Arquitectura onde os varóns constitúen o 83% do total.

• Distribución por categoría e sexo

• Nas categorías de PDI doutor/a con vinculación permanente (CU, CEU, TU e CD) só un 36,6% son mulleres.
• Na categoría de catedráticos/as de universidade só un 12,4% son mulleres, porcentaxe inferior á media das universidades españolas que está no 15%.

• Distribución segundo dedicación:

• 36,9% (M) do persoal con dedicación completa
• 29,4% (M) do persoal con dedicación parcial.

• Distribución segundo idade: As mulleres agrúpanse maioritariamente nos intervalos de idade entre 30 e 50 anos, mentres que a maioría dos homes se agrupa no entre 40 e 60 anos.

• Tarefas de Investigación

• Coordinadoras de grupos de investigación: 21,6%
• Taxa de éxito na consecución de sexenios: 78,35% (mulleres) fronte a un 81,95% (homes)
• Directoras de teses de doutoramento: 22%
• Participación en tribunais de tese: 21,3%

Persoal de Administración e Servizos (PAS)

Colectivo moi feminizado, situación común ao resto de universidades públicas do Estado. O PAS funcionario é maioritariamente feminino, mentres que no PAS Laboral hai predominio masculino.

• Presenza feminina no PAS: 69,6%
• PAS Funcionario: 77,6% (M)
• PAS Laboral: 39,4%.

• Distribución segundo categoría

• Funcionario: Maioría feminina en todas as categorías.
• Laboral: Maioría feminina só no grupo IV-B (categoría máis baixa).

Goberno xestión e representación

• Consello de Dirección: Paritario. Esta situación de paridade acadouse no 2009/2010.
• Consello Social: 26,9% de mulleres (Na actualidade, apuntou a vicerreitora de Ferrol e Responsabilidade Social, produciuse unha renovación na composición do Consello Social e é paritario).
• Claustro: 43,2% son mulleres. Consecuencia da aplicación do regulamento aprobado en Consello de Goberno de 4 de outubro de 2010.
• Consello de Goberno: 32,1% de mulleres.
• Decanas e directoras de centros: 16,7% (4 de 24)
• Directoras de departamentos: 23% (10 de 43)
• Dirección de Institutos: 100% varóns
• Xunta de persoal do PAS: 92,3% mulleres
• Xunta de persoal do PDI: 28,6%,
• Comité de empresa do PAS: 88,2%
• Comité de empresa do PDI: Paritario (47,1% mulleres)

Políticas e accións para a igualdade de xénero na UDC

Na Universidade da Coruña lévanse a cabo distintas accións que favorecen a visibilización do traballo e a investigación das mulleres, aínda que como se desprende da análise que se presenta no Diagnóstico cómpre traballar máis este aspecto. Sinalamos a continuación algunhas das accións positivas que se levan a cabo:

• Difusión do traballo e a investigación das mulleres.
• Linguaxe non sexista.
• Incorporación da perspectiva de xénero na formación do PDI e do PAS.
• Incorporación da perspectiva de xénero na docencia.
• Perspectiva de xénero na investigación e na transferencia tecnolóxica.

Fonte: udc.es